PECULIARIDADES DO MUNDO MUSULMÁN

29.11.2022

Durante os oito séculos que permaneceron os musulmáns no Al-Andalus deixaron

peculiaridades en diferentes eidos:

EDUCACIÓN:

Comenzando no entorno do ensino sabemos que se transmitías a través das escolas

coránicas onde os nenos de seis ou sete anos aprendían a ler, escribir, recitar o Corán

e incluso matemáticas.

ALIMENTACIÓN:

En canto á gastronomía, a comida típica da época centrábase no trigo, a carne e

aínda de estar prohibido polo corán, o viño. As influencias de Oriente fixeron

posible o cambio de novos alimentos antes da incorporación de verduras co

acompañamento de sopas, carnes ou peixes.

Grazas ao rego de todo o territorio puideron costearse durante todo o ano o consumo

de hortalizas frescas. Os cereais eran a base da comida e o arroz comíase nas

reunións familiares.

RELIXIÓN:

Dende o punto de vista relixioso, outras relixións como as xudías ou cristiás, foron

aceptadas sen discriminación.

OCIO:

Parte do seu tempo de lecer empregábase para xogar a determinados xogos como

unha variante do xadrez ou o alquerque.

Esta variante do xadrez foi denominada "Xadrez das catro estacións" descrita no

Libro dos xogos de Afonso X, no que se enfrontan catro xogadores representando

cada un unha estación, un elemento e un estado de ánimo.

O verde representa a primavera, o aire e o sangue.

O vermello representa o verán, o lume e a bile amarela.

O negro representa o outono, a terra e a bile negra.

O branco representa o inverno, auga e flegma.

Por outra banda , o rei, a torre, o cabaleiro e o peón móvense como no xadrez

normal, pero o peón non ten un movemento inicial dobre. Cada xogador terá dous

pares de peóns que van en direccións perpendiculares.

O xogador con pezas verdes móvese primeiro no sentido antihorario. O último

xogador que queda gaña o partido.

Outro xogo mencionado que tamén xogaban é o que antes se chamaba "alquerque" e

hoxe coñecido como "damas", orixinario de Oriente Medio e coñecido en Europa

dende o século XIII. Na obra Libro dos xogos o rei Afonso X menciona o xogo e as

súas tres variantes, o alquerque de tres, o alquerque de nove e o alquerque de doce,

nomes que identifican o número de fichas coas que comeza cada opoñente.

O alquerque de tres sería o que hoxe coñecemos como tres en raia .

No alqueque de nove, o obxectivo é colocar tres pezas nunha liña. Ao comezar a

xogar, cada xogador coloca unha peza á vez, por quenda, no taboleiro que se

caracteriza por ter tres cadrados concéntricos subdivididos por liñas.

E o alquerque de doce é semellante ás damas, co obxectivo de capturar todas as

pezas do rival.


É habitual atopar taboleiros de xogo das distintas variantes do alquerque gravados

en moitos edificios relixiosos da época románica e posteriormente na Península Ibérica.


Carolina Varela 2ºD

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar