MODA DOS ANOS 70
A moda dos 70 é unha continuación da década dos 60, a roupa tiña total liberdade, un movemento que influíu moito no movemento hippie, pero que engloba moitos máis estilos.
O que predominaba era a silueta longa e delgada, o estilo andróxino era empregado por ambos os xéneros, aquí aparecen os salóns de beleza unisex, tamén aparecen zapatos de tacón alto tanto para homes como para mulleres.
A moda era unha continuación da arte pop e da psicodelia dos estampados de cores brillantes utilizados na década de 1960, así como do deseño xeométrico. O estilo bohemio mesturouse co estilo vitoriano así como elementos étnicos.
O Art Nouveau inflúe no deseño de colares e vestidos eduardianos con volantes no peito. O movemento de liberación homosexual levaba estilos de xénero e un sentimento de autodeterminación. A xente sentíase libre de ditados sociais, xa non gobernada polas casas de moda.
A crise do petróleo e o paro xuvenil fixeron que se buscara roupa barata e expresar a túa individualidade.
Tanto homes como mulleres usaban estilos semellantes como os pantalóns de cintura alta, a principios dos anos 70 as pernas estaban acampanadas, as camisas levábanse ceñidas e por debaixo dos pantalóns, ademáis de que podemos ver que as mulleres usaban pantalóns con moita máis frecuencia, pasando a ser roupa común para elas.
As diferentes modas:
-Hippies e bohemios: Os seguidores desta tendencia vestían roupa sinxelas a base de traxes campesiños, adoitaban levar prendas soltas, ademáis disto, o cabelo rizado liberábase de restricións e comezaban a levarse melenas de rizos salvaxes. Como complementos destacan perlas, pulseiras e grandes aneis.
-Moda disco: A xente nova comezou a ir ás discotecas. Este estilo baseábase no estilo de música chamado disco. Os mozos buscaban glamour, as mulleres levaban vestidos sen mangas ou pantalóns feitos de tecidos de raso con lentejuelas e os homes os levaban brillantes, con camisas debaixo.
-Moda punk: A clase obreira estaba de mal humor, opoñíanse ao estilo hippie e á cultura de élite. Este estilo estaba baseado na cultura delincuente. A mocidade sentíase marxinada, a tonalidade negra destacaba sobre as outras ideas. Son característicos os zapatos cunha plataforma esaxerada.
O cabelo tinguido e despeinado foi unha gran tendencia.
Ariadna Romero, 2ºBachD