MODA DOS ANOS 2000

03.05.2022

    A moda dos 2000 é unha evolución dos 90 cun estilo minimalista e grunge, pero é nesta ocasión na que se volve empregar cores máis rechamantes.


    O talle ultra baixo comezou a usarse en todo tipo de roupa, e a saia sobre as polainas era un clásico da época. Os noventa acompañaron as tendencias dos anos 2000. Pero, que é isto?

   É un termo que fai referencia á revolución cultural e tecnolóxica que comeza a principios do século XXI.

    Algunhas das tendencias que marcan esta época son:

  -Vaqueiros de talle baixo: Eran unha prenda moi utilizada a principios de década, e incluso vemos o seu regreso en 2020. Moitas das celebridades dese ano levan esta tendencia, como Christina Aguilera, Britney Spears. Era moi habitual levar estes pantalóns mostrando a roupa interior, unha tendencia introducida por Rihanna.

  -Botas Ugg: é un calzado moi arraigado nas tendencias destes anos. Estes zapatos xeraron moita polémica porque foi un amor-odio por parte do grupo.

    En canto á estética do cabelo, podemos ver como nestes anos as mechas rubias puxéronse moi de moda, ata o punto de ser antinatural. Era algo moi habitual e que se vía moi a miúdo en famosos.

    Actualmente podemos ver como moitas destas tendencias están a volver con máis forza que nunca, pero moi controvertidas, xa que se debate se este estilo de moda inclúe todo tipo de corpos.


Ariadna Romero, 2ºBachD


Aquí podemos observar á cantante Rihanna cun vaqueiro de talle baixo, ensinando parcialmente a roupa interior
Aquí podemos observar á cantante Rihanna cun vaqueiro de talle baixo, ensinando parcialmente a roupa interior
Vestimentas posteriores que basean o seu estilo ou teñen influencia nos 2000
Vestimentas posteriores que basean o seu estilo ou teñen influencia nos 2000
© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar