MODA DE 1910

14.05.2022

    Nos inicios da década de 1910, a moda foi fortemente influida polo Ballet Ruso e a estética oriental. As cores chamativas reemplazaron os tons pasteis. Aparece unha silueta con tendencia vertical, corsés rectos e largos póñense de moda xunto con faldas con pouco voo e sobrefalda.


     O traxe trotteur, formado por falda e chaqueta, deixou ver por vez primeira o nocelo feminino causando grande popularidade entre as mujeres, xa que os deseñadores comezaron a crear prendas adaptadas ás necesidades da muller. 

    Cabe destacar que as creacións de Poiret (marabillado pola pintura xaponesa, a obra de "As mil e unha noites" e o estreno dos Ballets Rusos en París) adoptaron un estilo moi oriental. Dotou as súas prendas de cores vibrantes: dourados, laranxas, azuis... Tamén realizou turbantes, pedrería, plumas e adornos... En 1912, deseñou unhas túnicas con forma de pantallas de lámpada elaboradas con pel para o ballet Le Minaret.

    Outros moitos deseñadores de alta costura (Worth, Jeanne Paquin, Callot Soeurs) realizaron abrigos de estilo nukiemon, e vestidos kimono. Nesta etapa seguen en primeira liña os vestidos con cintura ceñida e vistosos.

    En xulio do ano 1914 comenzou a Primeira Guerra Mundial. Dificultades económicas e sociais fan que os valores e sistemas da sociedade cambien. A roupa irremediablemente tamén estará suxeita a este cambio.

En plena Guerra Mundial, una moza, Gabrielle Chanel abre a súa primeira tenda en París. Os seus primeros deseños son sinxelas prendas de punto, material que non se utilizaba para a confección.

Para 1919, ano da vitoria, as faldas acortaronse máis que nunca e as mulleres cortabanse o cabell ata a nuca. Esta será a nova imaxe da muller dos anos 20.

Ilustracións por Josefina Domínguez, 2ºBachB

Texto por Marta Villares, 2ºBachB

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar