MODA A COMEZOS DO SÉCULO XX

03.05.2022

    A forma de vestir foi cambiando ao longo dos séculos, adaptándose aos intereses da época, que se acelera ou se ralentiza ante acontecementos de gran repercusión.


"Chic Parisien", elegantes vestidos da década de 1900
"Chic Parisien", elegantes vestidos da década de 1900
Vestidos baseados na Belle Epoque francesa
Vestidos baseados na Belle Epoque francesa

    A principios do século XX, a forma de vestir foi unha evolución das modas de finais do século XIX, este xénero é recoñecido como un estilo eduardiano (polo rei Eduardo VII), xa que en España foron tempos de restauración. as tendencias eran moi semellantes ao estilo Belle Epoque de Francia.

    No ano 1900 a moda parte do uso de corsés e crinolinas (miriñaques), pois nestes anos aínda se mantén a forma de "S" polo uso de corsés e saias de serea, pouco a pouco a cintura foi subindo ata quedar por debaixo do peito. As saias seguían perdendo volume e as mangas deixaron de inflar.

    Esta silueta perdeuse coa aparición do deseñador Paul Poiret, que decidiu recuperar o estilo que lembraba ao imperio de principios do século XIX. Ademáis disto, tamén houbo unha forte influencia das modas orientais.

    Nestes anos aparece o traxe de xastre, que consistía nunha chaqueta e unha saia, que co paso dos anos íase acurtando. Acompañado dunha camisa que adoitaba subir ata o pescozo, este era o primeiro paso dunha indumentaria máis feminina. 

    Un dos complementos máis importantes foron os sombreiros e tocados, que foron aumentando de tamaño a partir de 1910. Ademáis deste complemento, nos traxes de noite ou de mañá, tamén se inclúen luvas e paraugas.

Ariadna Romero, 2ºBachD

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar