Mariana Pineda: unha heroína da causa liberal

06.02.2023

Mariana de Pineda Muñoz foi unha heroína da causa liberal española contra o absolutismo de Fernando VII, que viviu a principios do século XIX en Granada e escolleu morrer antes que delatar ós seus compañeiros. Tivo unha vida breve e unha morte inxusta, pero se converteu nun mito e nun símbolo da liberdade.

Silenciada durante os gobernos absolutistas e ensalzada baixo gobernos liberais e progresistas, a súa figura converteuse nunha inagotable fonte de inspiración para poetas e dramaturgos, entre eles, Federico García Lorca, quen escribiu unha obra de teatro na que recreou a súa vida.

Nada en Granada en 1804, Mariana inicia a vida adulta ós quince anos, cando contrae matrimonio con Manuel de Peralta, liberal, once anos maior que ela, pertencente á loxia masónica e próximo ó círculo constitucionalista do conde de Teba. Poucos anos despois Mariana quedaba viúva e ó cargo de dous pequenos con tan so 18 anos.                                      A pesar da morte do seu marido continuou frecuentando ambientes liberais no contexto da Década Ominosa, que seguiu ó Trienio Liberal trala invasión dos Cen Mil Fillos de San Luis.        A súa difícil situación non foi incompatible coas súas crenzas políticas que a levaron a axudar e acoller no seu fogar a distintos membros do partido liberal perseguidos durante os tempos do absolutismo de Fernando VII.

Axudou a un primo seu, Fernando Álvarez de Sotomayor, a escapar do cárcere onde cumpría condena por participar en diversas conspiracións liberais. A estrataxema da que se valeu para liberalo foi introducir uns hábitos no cárcere e entregarllos. Así, disfrazado de fraile, saiu da prisión sen dificultades, porque, como observara Mariana, os clérigos que entraban e saían do establecemento nunca eran controlados polos gardas.                                                                Pasou a ser parte da lenda de Mariana Pineda que mantivo unha relación sentimental co seu primo, pero non existe ningunha proba. O que si está demostrado é que tivo como amante ó abogado José de la Peña, co que tivo unha filla.

En marzo de 1831 irrumpiu na súa casa a policía, acusándoa de bordar e ter no seu poder unha bandeira coa lenda «Lei, Liberdade, Igualdade», que simbolizaba a loita contra a monarquía. Unha extraña bandeira inacabada coa lenda escrita en letras vermellas aorredor dun triángulo verde sobre fondo morado e que, probablemente, foi colocada na casa de Mariana pola mesma policía.

De momento foi confinada no seu propio domicilio, baixo a custodia dun garda, de onde escapou tres días despois aproveitando un descuido do vixilante e disfrazada de anciá, pero o garda logrou alcanzala na rúa. Mariana rogoulle que non a denunciara e para tratar de ablandalo propúxolle que a acompañara na huída. Este feito sería utilizado polo fiscal para imputarlle un suposto segundo delito, o de «seducir ó dependente que a custodiaba e que lle deu alcance na súa fuga».
O que buscaban quenes a detiveron era que Mariana delatara ós principais cabecillas da causa liberal, pensando que unha muller non podía ser un elemento activo na loita política.
Ó negarse Pineda a delatar os seus supostos cómplices, Ramón de Pedrosa, membro da Chancillería de Granada (e segundo a lenda, secretamente enamorado dela), decretou o seu ingreso en prisión.


Hoxe parece claro que as autoridades absolutistas, dada a súa condición de muller, non a consideraban un dos dirixentes da conxura liberal que crían que estaba en marcha en Granada, de feito, en ningún dos pronunciamentos liberais do final do reinado de Fernando VII houbo mulleres directamente implicadas, senón que Mariana foi detida para que denunciara ós seus cómplices.
O 26 de maio de 1831, con tan só vinteseis anos de idade, Mariana Pineda era executada no Campo do Triunfo de Granada. A execución, que pretendía ser unha lección e un aviso ós liberais, converteu a Mariana Pineda nunha víctima e mártir da causa.




© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar