Juan Prim

18.03.2023

¡MEU XENERAL... COIDADO!

Juan Prim, nado en 1814 en Reus, Tarragona e falecido en 1870 en Madrid, foi un militar e político español.

 Tras unha longa actividade política tanto en España como fóra de dela (foi gobernador de Porto Rico entre 1847 e 1848) dá o salto definitivo ao poder mediante a revolución de 1868 xunto a Sagasta, Serrano e Manuel Ruiz Zorrilla. Con esta revolta conseguiu derrocar á monarquía e instaurar un goberno provisional presidido por Francisco Serrano, a través do cal decídese establecer un novo réxime como a monarquía democrática, exercendo Serrano a rexencia

Tras a presentación de Francisco Serrano como candidato a rei de España e de considerar diferentes propostas, Prim vai a ser o principal defensor da candidatura de Amadeo de Saboya, gañándose así un sinfín de enemigos; o primeiro, Serrano. Esto provocou que uns días antes do inicio do reinado de Amadeo de Saboya, Juan Prim fose asasinado.

 A día de hoxe, o responsable da morte de Prim segue sendo un interrogante para os historiadores, non obstante, existen distintas teorías. Un dos principais sospeitosos é Francisco Serrano impulsado polas súas ansias de reinar en España.

Como xa dixemos anteriormente, Serrano presentárase como candidato a rei, pero Prim optou por Amadeo de Saboya. A maiores, instantes despois de que Prim fose disparado, Serrano foino a visitar xunto a Topete, o que esperta aínda máis sospeitas sobre a súa inocencia.

 Outro dos posibles culpables é o bando republicano xa que defendían a supresión da monarquía. Non obstante, é o que menos preocupa aos historiadores xa que momentos antes da súa morte, Prim declarou "Non me matan os republicanos" mentres agonizaba tralo atentado.

Por outra parte, o duque de Montpensier (casado coa irmá de Isabel II) trátase doutro posible asasino, xa que tamén ostentaba o trono de España.

Por último, os contrariados pola posibilidade de ver no trono español a un monarca dunha dinastía diferente á borbónica tamén apuntan como principais sospeitosos.

En suma, non hai unha resposta clara ante ese interrogante sobre o asasinato de Prim que preocupa aos historiadores, dando paso ás interpretacións que cada persona faga.

Amadeo de Saboya e Juan Prim, falecido

Nuria García e María Soto, 2º Bach A

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar