Juan Díaz Porlier

09.02.2023
Juan Díaz Porlier foi un militar español pertencente a unha importante familia da América latina. Este naceu en Cartaxena de Indias o 26 de outubro de 1788, e faleceu na Coruña con 26 anos de idade, o 3 de outubro de 1815. De toda a súa vida repleta de batallas, guerras e guerrillas, a máis destacable foi a súa loita na guerra de Independencia.

Acabada a guerra, co grado de mariscal de campo, e ao non aprobar o réximen do Manifesto dos Persas, inicia conversacións con outras persoas que estaban en contra de Fernando VII. Traicionado polo seu propio secretario, na madrugada do 29 de maio é detido en Madrid e condenado o 16 de xulio a catro anos de cárcel. Para cumplilos é levado á Coruña, sendo encerrado no Castillo de San Antón, de onde sae en prisión atenuada para tomar baños medicinais en Arteixo, polo que o 19 de agosto pasa coa súa esposa a residir en Pastoriza na casa dun comerciante chamado don Andrés Rojo del Cañizal, o cal prepara o pronunciamiento que inicia na Coruña a noite do 18 ao 19 de setembro de 1815, chegando á cidade á una da madrugada. Coa axuda de vários oficiais asturianos que combatiran xunto a él, fixo prisioneiro ao capitán xeral e ás autoridades militares. Tras facerse co control da praza en menos de duas horas, proclama a Constitución de 1812. 

Consigue o respaldo dunha parte dos comerciantes da cidade, así como de prácticamente todas as forzas militares. O día 21, ao frente de varios corpos sublevados que sumaban 864 homes, dirixiuse a Santiago de Compostela coa intención de que as autoridades e corpos militares alí acuartelados se unisen ao pronunciamiento.

Nun descanso no camino, Porlier foi traicionado por un grupo de 39 sarxentos do 6.º Reximiento de Marina mercados por un axente infiltrado na columna. Os sarxentos logran tomalo prisioneiro xunto cos seus oficiais. As súas tropas, ao verse sen xefes, non ofrecen resistencia. Nas primeiras horas do día 22 setembro Porlier é detido polo xuez don Tomás Antonio da Iglesia ao frente dun grupo de paisanos da xurisdicción de Folgoso.

Levado primeiro a Santiago de Compostela en secreto, pasa despois á Coruña onde é encausado por un capitán xeral. O 22 de setembro comezan os interrogatorios na Real Audiencia e Capitanía da Coruña. Ao ser degradado non se lle concedeu ser fusilado, como correspondería coa sua profesión e rango. Foi aforcado na Coruña no Campo da Leña (actualmente Praza de España, onde existe una estatua súa) o 3 de outubro de 1815, a onde se lle conduciu a lomos dun burro. Despois, foron quemadas públicamente as súas proclamas e escritos. Todas as casas e tendas da cidade permaneceron pechadas en señal de duelo.


Candela Vázquez Sande 2° F

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar