Independencia das colonias hispanoamericanas

13.04.2023

Foi un proceso longo e complexo que se prolongou dende 1808 ata 1825: a independencia foi liderada polos criollos, mentres que os indíxenas e as masas populares combateron indistintamente no bando español e no criollo.

Os dous Virreinatos máis antigos: Nova España e Perú mostráronse como as rexións máis conservadoras e fieis á metrópole e, por iso, os últimos territorios que se independizaron. Pola contra, os virreinatos de Nova Selecta e Río da Prata, creados no século XVIII foron os motores da independencia. Destes virreinatos xurdiron os seus principais caudillos: Bolívar e San Martín.

Atopamos diversas causas: a influencia do pensamento ilustrado (tanto español con Campoamor e Jovellanos, como francés con Montesquieu, Rousseau e Voltaire), o propio desexo dos criollos (fillos de españois nados en América) de alcanzar o poder político e consolidar o seu poder económico, a crecente oposición ao monopolio comercial que exercía España sobre os seus territorios, máis os problemas de abastecemento ás colonias debido á escasa industrialización, ademais da inestabilidade política da metrópole. Por outra banda Gran Bretaña tiña gran interese na independencia destes territorios para conseguir un novo mercado, EE.UU. tamén apoiaba o proceso emancipador hispanoamericano.

Segundo M. Hernández Sánchez-Barba da Universidade Complutense de Madrid, poden establecerse dúas etapas diferenciadas: a primeira dende 1808 a 1814, etapa da emancipación durante a Guerra de Independencia Española. E a segunda dende 1814 a 1824, etapa da Independencia, iniciada tras o Goberno Absolutista de Fernando VII e reforzada durante o Trienio Liberal (independencia de feito e de dereito).

Tras o baleiro de poder creado en España durante a Guerra da Independencia en 1810 tanto como en España en varios territorios americanos organízanse as xuntas que proclaman a súa independencia, e promulgan as súas Constitucións. Pero o regreso de Fernando VII ao trono en 1814 supuxo a restauración do poder español en América, recuperando os territorios perdidos e refreando os movementos independentistas salvo en Río da Prata.

Entre 1814 e 1824 o movemento comeza dende Arxentina baixo o liderado do xeneral San Martín quen proclamou a independencia deste territorio en 1816. Posteriormente derrota aos exércitos realistas en Chacabuco e Maipú o que leva á independencia de Chile en 1818.

No norte, Simón Bolívar conseguiu a independencia de Colombia en 1819 e creou a República da Gran Colombia (formada polas actuais Colombia, Panamá, Venezuela e Ecuador) inicio dos futuros Estados Unidos de Sudamérica proxecto que levou a cabo só ata a súa morte.

Durante o Trienio Liberal, Bolívar xunto con San Martín enfrontáronse aos realistas en Perú dende o Norte e o Sur, logrando a súa independencia en 1824.

México obtuvo a súa independencia en 1821 da man do xeneral conservador Agustín de Iturbide, daquela a independencia de Bolivia en 1825 e de Uruguai en 1828.

Eileen Parada e Carla López, 2º Bach C

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar