"HABELAS, HAINAS"

17.11.2022

 "HABELAS, HAINAS"

Ao longo das nosas vidas, e sobre todo vivindo en Galicia, é moi común que polo menos unha ou dúas veces, escoitásemos falar sobre as famosas "meigas". Son numerosas as crenzas de que estas, persoas supostamente perseguidas por órdes relixiosas como a Inquisición, quemábanse na fogueira ou afogábanse nos ríos.

Alonso de Salazar y Frías ( Burgos, 1564 - Madrid,1636) foi un sacerdote e un inquisidor español licenciado en dereito canónico que destacou pola súa oposición á credibilidade das teorías sobre bruxería que fomentaban a persecución delas pola Santa Inquisición. Salazar y Frías conseguiu así que a Inquisición se comprometese a non axusticiar xamais a ninguén máis por bruxería. O verdadeiro problema das meigas era a xusticia penal.

O caso máis famoso que atopamos en Galicia é o caso de María Soliño. No ano 1621 esta muller foi acusada e condeada por bruxería, al igual cas víctimas de Salem (nas colonias británicas o redor de 1692). María Soliño foi condeada pola Santa Inquisición inxustamente, cando esta tiña unha gran influencia no Imperio español.Nesta época, a Santa Inquisición campaba a sus anchas e a bruxería parecía estar de moda. Once anos atrás, foron quemadas xa 6 persoas; as "brujas de Zugarramurdi", en Navarra: un dos episodios máis escuros da nosa historia.

A historia de María Soliño comeza no ano 1617. O 4 de decembro de ese mesmo ano, a ría de Vigo foi atacada por 10 buques corsarios turcos. Estos dirixíronxe a Cangas, unha próspera vila de pescadores na cal vivía a protagonista. Os turcos, arrasaron Cangas deixando o seu paso ducias de cadáveres e reducindo a cenizas a localidade. Como consecuencia deste ataque o pobo quedou totalmente devastado; perdendo case todo o seu poder os ricos e os pobres sen nada que comer. Ante esta situación, os nobres, buscando manter o seu poderío, contaron co apoio da Santa Inquisición para empezar unha caza de bruxas contra mulleres de boa posición económica. Obxeto desta búsqueda, foron aquelas mulleres de bens económicos importantes, que quedaron viudas e que tras o ataque turco perderan o xuicio. Todo elo as convertía en candidatas perfectas para ser consideradas brujas. Dentro deste grupo encontrábase María Soliño o Soliña. María casara cun próspero pescador coa súa propia embarcación, Pedro Barba. Os nobres viron unha fonte de riqueza nas posesións de María, que perdera a súa familia e marido no ataque turco. Os nobres orquestaron unha acusación por bruxería, usando como proba que María paseaba todas as noites sóa pola praia. Os nobres consideraban isto, sen temor a duda, unha alianza co demo.

O que estos nobres non sabían, (o simplemente non lles importaba) era que María acudía a praia a velar os seus mortos, que faleceran naquel arenal, para pedir que o mar devolvese os seus cadáveres e darlles cristiana sepultura.

Conta a lenda que María conseguiu evitar a súa morte na fogueira ao confesarse baixo enormes torturas no cárcere de Santiago. Alí foi desposuida dos seus bens que foron parar a máns da Santa Inquisición e dos seus delatadores, os nobres locais.

Existen diversas historias sobre o final de María Soliño, algunhas incluso contan que maniféstase nas noites de frío inverno das praias de Cangas. Celso Emilio Ferreiro, ante tal inxusticia dedicóulle o seguinte poema:

María Soto e Nuria García 2ºBAC A

María Soliña

Polos camiños de Cangas

a voz do vento xemía:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Nos areales de Cangas,

muros de noite se erguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As ondas do mar de Cangas

acedos ecos traguían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

As gueivotas sobre Cangas

soños de medo tecían:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Baixo os tellados de Cangas

anda un terror de auga fría:

ai, que soliña quedache,

María Soliña.

Celso Emilio Ferreiro

Unha vez máis, ao longo da nosa historia, morre xente inocente a máns da avaricia, envexa e codicia. Tristemente, a historia repítese como observáramos nos campos de concentración alemáns e hoxe en día coa morte inocente dos Ucranianos na guerra contra Rusia.

Como dicía Néstor Roulet "o ser humano é o único animal que tropeza dúas veces coa mesma pedra". ¿Aprenderemos algunha vez dos erros do pasado?



© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar