POR QUE NO DÍA DE CATALUÑA CELÉBRASE UNHA "DERROTA"?

15.12.2022

ORIXE E TRASFONDO HISTÓRICO

A morte de Carlos II de España, último Austria, desencadeou a Guerra de Sucesión española na que unha alianza de nacións europeas tiña como obxectivo evitar que Francia e España fusionaran baixo o mandato de Felipe de Anjou posteriormente Felipe V, quen fora escollido por Carlos coma o seu sucesor.

Foi entón no 11 de setembro de 1714 cando o asedio de 14 meses en Barcelona chegou á súa fin, e as forzas brobónicas derrotaron ás catalás, que estiveran resistindo e loitando para apoiar a dinastía dos Habsburgo.

Entón por que nunha das festas máis importantes de Cataluña celébrase paradoxicamente unha derrota e non unha victoria? Pois ben, isto está feito intencionadamente para conmemorar a loita por recuperar as libertades civís propias e reivindicar unha resitencia fronte á presión externa en Cataluña.

Para o pobo catalán, a derrota supuxo o fin do Principado de Cataluña, xunto coa abolición das institucións e leis rexionais catalanas e un sentimento común de pérdida de dereitos ao integrarse formalmente en España.

A súa primeira celebración foi a finais do século XIX, no ano 1886, cando varias organizacións do catalanismo cristián organizaron na parroquia de Santa María do Mar unha misa para homenaxear aos falecidos en 1714. A celebración foi suprimida durante as dictaduras de Primo de Rivera e Franco; non sería reinstaurada coma festa pública en Cataluña ata o ano 1980 tras a restauración da Generalitat de Cataluña en decembro de 1979.


CARACTERÍSTICAS E TRADICIÓNS

Esta data é denomindada popularmente como a "Diada", que vén sendo a Diada Nacional de Catalunya ou Diada de l'Onze de Setembre. Os elementos principais desta celebración son a senyera (a bandeira catalana, que tingue balcóns e rúas con esas franxas amarelas e vermellas); as manifestacións, xeralmente en apoio á independencia de Cataluña, que enchen as avenidas; e tamén o canto de Els Segadors, o himno oficial de Cataluña (cuxa orixe estudamos coa Guerra dels Segadors e o Corpus de Sangre durante as rebelións catalás contra as reformas do conde-duque de Olivares no reinado de Felipe IV).

Non só se celebran dun xeito especial as súas tradicións, tamén a identidade do pobo maniféstase a través da música e a comida, con actuacións musicais e festas.

É común a homenaxe ás tropas que morreron defendendo Barcelona durante o asedio. A figura máis representativa é Rafael Casanova, xurista español e a máxima autoridade militar e política de Cataluña durante o sitio de Barcelona. Colócanse flores e ofrendas no seu monumento, e tamén na súa sepultura, ás aforas de Barcelona.

Máis aló, este día supón unha axeitada oportunidade para visitar algúns dos museos e edificios oficiais de Barcelona xa que se organizan xornadas de portas abertas.


Escrito, ilustrado e edición de fotos por Elba Meléndrez Bergantiños 2ºE

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar