AS GUERRAS PÚNICAS: ANIBAL 

24.11.2022

Ben, para entender quen é Aníbal debemos volver ás Guerras Púnicas. Estas guerras dataron do 264 a.C. ao 146 a.C. Comezaron debido á crecente rivalidade entre Roma e Cartago tras a anexión da Magna Grecia á, naquel momento, República Romana. Aníbal foi o primeiro fillo do gran capitán cartaginés Amílcar Barca, que fora derrotado polos romanos durante a Primeira Guerra Púnica e foi nomeado, como o seu pai, xeneral do exército e gobernador de Hispania. O mozo de 26 anos propúxose finalizar a tarefa que o seu pai deixara inconclusa, aniquilar Roma. A república, que pactara non anexionar territorios ao sur do río Ebro, rompeu a súa promesa facéndose aliada do territorio de Sagunto para que esta última puidera defenderse dos púnicos. Aníbal, xa decidido a terminar co poder romano, decidiu por cerco a Sagunto, quen pediu axuda aos romanos. Así, no ano 218 a.C, comeza a segunda guerra púnica. Roma pensaba que a xa iniciada guerra desenvolveríase na península, polo que mandou en dirección a Hispania as súas lexións. O que Roma non sabía era que Aníbal, seguido do seu exército conformado de 90.000 homes, 12.000 xinetes e 40 elefantes, estaba xa de camiño cara á península itálica a través dos xélidos Alpes. Tras 36 días de traxecto, Aníbal consegue realizar exitosamente o percorrido á península. Tal fazaña é recoñecida por moitos historiadores como lendaria, mais non foi fácil, @ou xeral cartaginés perdeu un ollo durante a viaxe ademais da maioría dos seus elefantes. Aínda con todo, el e o seu exército conseguiron derrotar ás despedidas lexións romanas nas cidades norteñas de Tesino, Trebia e Trasimeno. Na primavera do ano seguinte xa nada se interpoñía entre Aníbal e Roma. A chegada do xeneral cartaginés ás portas da capital sementouse o panico na mesma. As murallas facía xa moito tempo que non enfrontaban unha ameaza semellante, e non aguantarían un asedio. As únicas lexións coas que Roma contaba estaban na península ibérica, todo aquel que podería facer algunha fronte, a semanas de distancia. Roma estaba perdida. Pero Aníbal non atacou. O cartaginés comprendía que as forzas romanas non estaban alí, mais comezar un asedio que podería durar semanas non era o mellor para o seu decaído exercito, pois os territorios do sur da península poderían comezar un ataque contra eles, ou tamén poderían ser sorprendidos polas tropas que volvían de Hispania polo norte. Finalmente, Aníbal toma a decisión de dirixirse ao sur de Roma, pois necesitaba abastecerse e fortificarse antes de continuar coa guerra. Aproveitando a decisión do xeneral de Cartago, Roma reune un novo exército de 80.000 homes, o maior que nunca reunira. O verán do 216 a.C, o exército fai fronte ao cartaginés en Cannas. Aníbal perdía en número, pero, contra todo prognóstico, saíu glorioso desta batalla, lembrada como unha das maiores estratexias militares de toda a historia. Aínda vitorioso, Aníbal non ataca a capital, pois necesita reforzar o seu exército. Consegue aliarse dalgún territorio do sur da península itálica, mais moitos deles deciden manterse fieis a Roma e outros tantos quedan á espectación do que fora a suceder. Decide pedir axuda a Cartago, pero a cidade non quere arriscarse a quedar tan débil como o estivo a capital romana. Finalmente e sen perder ningunha batalla contra Roma, o cartaginés decide darse por vencido e volver a Cartago a través do mar tras deambular pola península itálica durante 16 anos. Roma tras todos estes sucesos decide por fin comparar a Cartago no seu territorio e Aníbal cae derrotado polo xeneral romano Escipión, na cidade de Zama. Así poñen final á segunda guerra púnica, deixando atrás un tratado de paz que foi un duro golpe para a economía cartaginesa.


© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar