ABDICACIÓN DE BAIONA

05.02.2023

Como foron as Abdicacións de Baiona? 

As Abdicacións de Baiona foron uns feitos históricos que tiveron lugar durante o 5 e o 6 de maio de 1808 na cidade francesa de Baiona, e nas que o rei Carlos IV e o seu fillo Fernando VII renunciaron aos seus dereitos ao trono español en favor de Napoleón Bonaparte, que posteriormente os cedería ao seu irmán Xosé Bonaparte.


O 27 de outubro de 1807 firmárase o Tratado de Fontainebleau entre España e Francia, no que se acordara unha invasión conxunta de Portugal. Para iso, se permitía o paso de tropas francesas polo territorio español. Napoleón decidira que España sería un estado satélite dentro do seu Imperio, polo que os franceses empezaran a invadir cidades que non estaban na ruta cara a Portugal. Isto provocou varias revoltas na poboación.

Por outra banda, en España estaban a ter lugar unha serie de disputas entre Carlos IV e Fernando VII pola Coroa. Carlos IV, tralo Motín de Aranjuez, solicitara a axuda de Napoleón. O emperador francés sabía que ambos reis necesitaban da súa axuda, polo que, aproveitándose da situación e coa intención de apoderarse da Coroa española, ofreceulles unha invitación para reunirse con el e falar da situación na cidade de Baiona.

Fernando VII dirixiuse primeiro a Burgos e despois a Vitoria, onde se atopou coa noticia de que Napoleón non se atopaba alí, polo que vai a Baiona, lugar a onde chega o 20 de abril de 1808, e a onde 10 dias despois chega o seu pai. Durante os dias posteriores, Napoleón persuadiu tanto ao rei coma ao seu fillo, ata que, o 5 de maio, logrou que Carlos IV afirmase a súa decisión de considerar nula a súa previa abdicación e lle cedese a Coroa española a Napoleón. Por outra banda, Fernando VII, que descoñecía a decisión do seu pai e persuadido por Napoleón, decidiu devolverlle a Coroa ao seu pai. O 12 de maio renuncian tamén aos seus dereitos o resto de sucesores, de maneira que, tal e como o emperador francés quería, a coroa recae sobre el, que lla cede ao seu irmán Xosé de Bonaparte, que reinaría en España como Xosé I.


As Abdicacións de Baiona foron un dos desencadeantes da Guerra de Independencia española, que repercutiría tanto en España como nos seus dominios, dando lugar a diversos movementos nacionalistas que, eventualmente, levarían a independencia das colonias hispanoamericanas.


                                                     Paula Botana Lozano 2º BAC E

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar