A TORRE DE HÉRCULES

29.11.2022

Hei trata-lo artigo dividido polas diferentes etapas da historia:

Época Romana

A Torre de Hércules é o faro romano máis antigo de mundo en funcionamento, construido a fináis do século I e principios de II durante o Imperio Romano, no mandato do emperador Trajano.

Tras a conquista romana de Europa Occidental a bahía coruñesa convertiuse nunha punta de gran importancia, dado que comunicaba a comercio de Mediterraneo coas zonas costeras noratlánticas, debido a isto, se construiu a Torre de Hércules. Aos pés se encontra unha inscripción en latín taiada en roca nomeando ao constructor, Gaius Sevius Lupus.

Nesta época o faro contaba cun muro exterior e cun coronamiento de planta circular acabada en cúpula cun tambor no centro para a saída de luz e humo que guiaban os barcos.


Época Medieval

No medievo o famoso faro sufriu unha gran variedade de cambios, tanto na súa arquitectura como no súa función.

Ata o século XIII sufriu numerosos ataques, perdendo seu muro. Tamén serviu como castelo defensivo e posto de vixilancia fronte as ameazas procedentes do mar. Finalmente foi usada como cantera para conseguir material de calidade fácilmente para construcións na cidade, isto perdurou ata o século XVI.


Recuperación

No século XVI iniciase unha recuperación, nela a Torre volve a funcionar como faro a vez que atalaia de vixilancia. A Torre rodéase dun pequeno foso con barreras de espino con función defensiva. Nesta época o faro é vixilado por marineros e xubilados da marina. O concello prohibiu a extración de materiais da Torre recuperando así a estrutura principal.

No século XVII a Torre recupera finalmente a súa función de faro e o gobernador de Galicia, o Duque de Ucedo, mandou facer unha serie de reformar, como a construción de escaleiras para acceder a parte superior do faro. Co apoio dos consules de Inglaterra, Holanda e Flandes continuan as reformas, grazas a isto a construción volve a ser un faro totalmente funcional.

A pesar distas importantes reformas, ao século seguinte, XVIII, os faroles insuficientes, o empeoramento das coindicións, o constante deterioro e o posible derrumbamento obligaba a facer reparacións unha e otra vez, pero isto non era posible debido á falta de recursos.


Restauración

No ano 1788 por iniciativa do Real Consulado de A Coruña e autorizadas polo rei Carlos III, comenzaron as obras da restauración da Torre de Hércules. O exterior foi revestido cun "envoltorio" de estética clasicista e se duplicaron os vanos. Na parte superior da Torre se demolieron os restos da rotonda romana e construiron un novo final formado por dous corpos octogonales superpostos.

En 1790 finalizou a restauración do faro e comenzaron as obras do entorno. Construíndo un camiño de acceso, a plataforma que rodea a Torre e unha caseta de pedra para protexer a inscripción romana onde está escrito a constructor da Torre.

En 1849 foi acondicionada para as clases da Escola de Torreros de Faros de Coruña. Foron construidos diversos edificios ao pé da plataforma da Torre para aloxar aos fareiros.

Entre os séculos XIX e XX se electrificou o faro.

Tras tantos séculos de historia e cambios, a día de hoxe a Torre de Hércules é patrimonio da humanidade declarado pola UNESCO, sendo tamén un icono da cidade galega.

A Torre de Hércules é un símbolo máis da historia e importancia da cidade galega de A Coruña.


Diego Seijo López 

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar