A PAIXÓN POLA MODA NA ÉPOCA DE MARÍA ANTONIETA

13.05.2022

    O esplendor e a etiqueta de Versalles non permitían ás grandes damas utilizar un vestido en máis dunha ocasión. O gusto polos traxes femininos trouxo de volta as faldas amplias. O "panier", deseñado nun principio para ocultar embarazos, volveu a aparecer na metade do século XVIII, e podía alcanzar os 5 metros de diámetro. Tamén empregaban o corsé, que ía atado con cintas na espalda, polo que se precisaba da axuda dunha serventa para vestirse. 



A INDUMENTARIA NO ROCOCÓ. 


    É a finais do século XVII cando a moda comeza a ter protagonismo. Isto deu paso ao chamado Rococó coincidindo có reinado de Luis XV. Cara a metade do século XVIII púxose de moda un atuendo característico nos mulleres da alta sociedade, chamado o vestido á francesa, era un vestido formal e o puxo de moda Madame Pompadeur. O vestido á francesa era símbolo da moda do Antigo Réxime. O vestido constaba de tres prendas: unha falda, unha sobre falda con volantes e lazos, e unha chaqueta adornada no peito cun peto, e recibía a maior decoración. O estilo francés foi usado por figuras tan icónicas como María Antonieta.

    O menos formal "robe à l'anglaise", o corpiño pechado ou o "camison" tamén tiñan unha parte traseira plisada, pero os pliegues estaban cosidos para encaixar o corpiño ao corpo ata a cintura. 

    Presentaba un corpiño axustado cunha saia completa que se usaba sen pliegues, normalmente cortada un pouco máis na parte traseira para formar un pequeno tren, e adoitaba levar algún tipo de bufanda de encaixe ao redor do escote. Calquera dos dous vestidos podería estar pechado por diante, chamado "un vestido redondo" ou aberto para mostrar unha "enagua" a xogo ou en contraste. Os corpiños abertos poderían encherse cun stomacher decorativo, e no final do periodo poderíase utilizar un pano de encaixe chamado fichu para encher o escote. Co paso do tempo, os escotes dos vestidos fixéronse máis abertos, o que permitía mostrae máis adornos na zona do pescozo. A miúdo cosíanse unha grosa banda de encaixe no escote do vestido con cintas, flores e xoias. 


A MODA DOS HOMES. 

    O traxe masculino, coñecido coma hábito á francesa componse de tres partes: a casaca, unha chaqueta e os calzóns. 

    O chaleco era a prenda máis decorativa, normalmente estaba bordada con texidos estampados. A comezos do sécuo XVIII os calzóns soían chegar ata o xeonllo, con medias brancas debaixo e zapatos de tacón. Os abrigos levábanse pegados ao corpo. Cando se comezou a utilizar o abrigo no século XVII, cortábase con pouca forma para a figura e colgaba holgadamente dende os hombros ata debaixo dos xeonllos. Durante as décadas de 1670 e 1680 o abrigo volveuse máis ceñido, cun lixeiro moldeado na cintura. 

    Os pantalón ao xeonllo tiñan unha abertura no centro, que se abrochaban na cintura e se levaban sen outro soporte. 

    As perrucas de distintos estilos usábanse en diferentes ocasións e para distintos grupos de idades. A perruca grande e con partes altas da década de 1690 mantívose popular desde 1700 ata aproximadamente 1720. Durante este tempo usáronse varias cores, pero o branco fíxose máis popular e os rizos fixéronse máis axustados. Os sombreiros de ala ancha leváronse durante toda a época, eran un elemento esencial do "dominó", un traxe elegante para os bailes de máscaras, que se converteron nun modo de entretemento cada vez máis popular. O estilo dominó consistía nunha máscara, un longa capa e un sombreiro en forma de tricornio, todo isto construído con cores oscuros.

Ilustración de Josefina Domínguez, 2ºBachB

Texto de Nerea Pose, 2ºBachB

Imaxes atopadas por Noela Hermida, 2ºBachB

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar