A MODA NA ÉPOCA ROMANA

18.10.2022

O Imperio Romano foi a máis poderosa potencia militar e política do mundo antigo. Os romanos defínense principalmente pola aportación de grandes avances políticos, sociais e tecnolóxicos ao vello mundo. Tal e como hoxe en día, na época romana existiron tendencias e patróns que caracterizaban a súa sociedade. Entre eles estaban os diferentes materiais textís, as novas prendas de roupa e os accesorios que portaban.

En primeiro lugar cabe dicir que na Antiga Roma a vestimenta non so se trataba de algo estético, se non que da mesma maneira que na actualidade, tratábase tamén dun elemento de diferenciación entre as clases sociais. Os romanos a medida que conquistaban diferentes territorios durante o periodo de romanización, ían tomando as creacións e as condutas do resto de civilizacións e facíanas súas, creando así a súa propia cultura. No mundo da moda no foi de diferente maneira, as túnicas e os broches gregos foron de gran inspiración para os romanos, tanto, que fixeron destos elementos o seu símbolo de diferenciación co que grazas a eles eran capaces de recoñecer a un romano dun non romano.

Os materiais para confeccionar as prendas eran a lá, o liño e o algodón, e tamén exportaban a seda dende o continente asiático para facer a roupa interior. Eles tinguían as telas de diferentes cores grazas as tinturas vexetais, sendo o vermello e o púrpura os máis empregados. Por outro lado utilizaban peles tratadas con diferentes procedimentos e substancias para facer calzado.

Para realizar accesorios facían uso do ouro, da prata ou do ferro, dependedo do estatus social e do nivel económico do portador. O anei romano ou annulus só podía ser utilizado por nobres ou membros do exército. Para diferencialo dos aneis feitos con pedras preciosas que levaba o resto da poboación, este tiña forma de selo e adoitaba estar feito unicamente de ouro. Falando do ouro, os romanos deselvolveron unha técnica para fialo para posteriormente facer o que se coñece como "tela de ouro"

Annulus romano
Annulus romano

A muller romana contaba cunha amplia cantidade de prendas exclusivas para ela. A medida que aumentaba a posición social da dona, tanto a vestimenta como os materiais utilizados para confeccionala variaban.

En primeiro lugar tanto as mulleres como os homes facían uso das túnicas, non obstante, nomeábanse de diferente maneira. A stola feminina era o equivalente á toga masculina. Esta era larga ata os pes, feita con seda, liño ou algodón, e adoitaba ser de cor crema, vermella ou púrpura.

As mulleres utilizaban as stolae para asistir a eventos como teatros ou reunións nos centros das cidades. Unha curiosidade é que ás mulleres con moitos fillos considerábanas persoas de maior prestixio social, posto que a maternidade era culturalmente moi importante, por ese mesmo motivo podían utilizar a stola matronae, a cal otorgaba certos beneficios tanto sociales como económicos.

Os chitóns eran outro tipo de túnica, de orixe grega, formados por dúas pezas de tea que se unían na parte dos ombreiros con broches ou fíbulas de ouro. Por ese motivo asociábase esta prenda ás patricias, tamén porque era a prenda máis elegante de todas.

Fíbula de ouro
Fíbula de ouro

Os estampados das túnicas adoitaban ser motivos vexetais ou grecas, xa utilizadas na Antiga Grecia tanto na céramica como na arquitectura, que eran franxas nas que se repetía o mesmo motivo cun uso decorativo.

Bordado con fío de ouro e motivos vexetais
Bordado con fío de ouro e motivos vexetais

Por outro lado, a subucula era unha prenda interior formada dunha soa peza e feita con materiais livianos, era máis cómoda e usábana nas temporadas frías como o inverno ou o outono. Tamén era utilizada ás veces como prenda para durmir.

En canto aos accesorios, un dos máis utilizados que se coñece hoxe en día era o patagium, unha especie de cinto que servía para axustar a stola á altura da cintura. Era bastante costoso xa que o decoraban con fío de ouro e algunhas veces con perlas, desta maneira, pertencía únicamente a persoas adiñeiradas.

Patagium romano
Patagium romano

No ámbito do calzado facían uso de zapatos feitos con coiro e moldeados con diferentes orificios para proporcionar comodidade e airear os pés.

Un dos peiteados máis frecuentados nas mulleres consistía nunha especie de recollido onde o cabelo estaba moi traballado e o decoraban con tiaras feitas de ouro ou prata. Moitas delas representaban follas de oliveira, pero outras estaban decoradas con pedras preciosas de diferentes cores e outros motivos frorais. Podemos velas en diferentes bustos feitos na época.

Busto de muller romana con tiara
Busto de muller romana con tiara

Os romanos tiñan un sentido do gusto da moda moi desenvolvido ao que lle daban moitísima importancia. Grazas as pregadas que temos da súa vestimenta na actualidade podemos ter unha mellor visión de como era a súa organización social.Comparando a concepción da moda que temos nos nosos tempos coa da época romana veremos que é moi parecida a pesar de que pasasen máis de 20 séculos e de que agora engadamos moitos outros factores como o uso da moda como espectáculo ou exhibición.


Irene Martínez Ferro 2ºBAC - D 





© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar