A MODA ESPAÑOLA DOS 50

12.05.2022

    Ao largo da historia, a moda foi un aspecto moi relevante para a sociedade. Neste artigo imos falar dunha década que marcou un antes e un despois neste sector, os anos 50. 


    A moda neste período experimentou un gran cambio tanto nas mulleres como nos homes, aumentando a versatilidade en estilos, cores... Nas mulleres, os vestidos eran o "look" do momento. Atopamos dende vestidos cinguidos, ata uns tallados no dorso e con saias acampanadas; ambos estilos resaltaban a cintura. 

    Esta tendencia moldeábase perfectamente co uso do corsé, unha prenda de vestir, impulsada pola moda de Dior, que durará dende finais da guerra ata comenzos dos 60. Había tanto saias e vestidos de tubo, como vestidos de saco, pero todos eran considerados como un sinónimo de falta de respeto, polo que, con respecto a medidas, estas prendas debían estar por debaixo dos xeonllos. 

    Comezamos a atopar pantalóns para mulleres en dous estilos, uns de corte carpri (bastante populares hoxe en día) e outros longos, tallados na cintura e de bota ancha. Tamén foron moi populares os abrigos trapeciados, as estolas de pel e as prendas de punto. 

    No calzado, destaca o uso de tacóns (os protagonistas dos conxuntos elegantes) e as bailarinas, inspiradas nos zapatos de ballet (moitas veces levábanse cos pantalóns carpri sen calcetíns ou con saías) 

    En canto aos complementos, destaca o uso de sombreiros de á ancha, lentes con pasta de cores e luvas. Na bixutería eran comúns os colgantes e brazaletes de perlas.

     Na moda masculina impúxose un estilo similar ao do Jamen Dean. Predominaban os vaqueiros Levi´s con camisas brancas ou negras cinguidas ao corpo, e chaquetas de coiro negro, aportando prendas dun estilo "rockero". Aínda así, o conxunto por excelencia eran os traxes formais con pantalóns anchos a raias, cadros ou monocolor, con camisas brancas, chalecos e gravatas ou panos. Nos complementos masculinos, destaca o uso de boinas o sombreiros, luvas e tirantes. No referente aos zapatos, popularizáronse moito o uso de Brogue e mocasines.

    En resumo, España na moda dos 50 será un país moi influínte onde estarán varios dos deseñadores de alta costura máis emblemáticos, como podemos apreciar a Cristóbal Balenciaga. Cal é a túa prenda favorita desta época? Deíxanoslo saber!

Ilustracións por Josefina Domínguez, 2ºBachB

Texto por Nerea Carral, 2ºBachB

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar