A MODA EN 1920

15.05.2022

    Os alegres anos 20 preséntannos hoxe un estilo inigualable, partindo de saias suxerentes, colgantes extensos... e moitísimos complementos. Desexas descubrir máis? Acompáñame nesta cautivadora viaxe ao pasado.




    Comezando coa moda masculina debemos destacar os traxes a medida e chalecos, moitos deles decorados mediante petos con tapa. As cores eran planas, primando o gris, o azul e o verde; e aplicábanse en estampados de grandes cadros e liñas grosas.

    No que respecta ao calzado, premiáronse os zapatos Marie Jane ou Merceditas. Os que se caracterizaban por ter a punta redondeada e unha fina correa no empeine. Foron esenciais para gozar de bailes como o Charlestón polo gran agarre que proporcionan. Ademais podemos descubrir zapatos pechados como as botas ou o calzado de inverno.

    Por outro lado, na moda femenina as prendas máis populares eran os vestidos e os sombreiros. Atopábanse en auxe tecidos con moita caída, sedas, encaixes, voantes en saias, escotes en V, e colos con grandes solapas.

    Durante este período as saias acórtanse e comenzan a gañar relevancia as medias con costuras ou debuxos. Unha nota importante a ter en conta é que ata os anos 20 as saias non podían subir máis dos nocellos, polo que esta innovación das saias curtas supuxo un grandísimo avance!

    Os abrigos con colos e puños de pel popularizáronse, aínda así, un elemento moi importante na moda desta época foron as franxas (flecos), destacando sobre todo nos vestidos de festa das mulleres.

    No que respecta ao calzado, premiáronse os zapatos Marie Jane ou Merceditas. Os que se caracterizaban por ter a punta redondeada e unha fina correa no empeine. Foron esenciais para gozar de bailes como o Charlestón polo gran agarre que proporcionan. Ademais podemos descubrir zapatos pechados como as botas ou o calzado de inverno.


    Era unha moda de todo menos sinxela. Entusiasmábanse cos complementos, entre os que se atopaban as luvas, os bolsos, as plumas... Tampouco podían faltar lazos, flores, diademas, brillantiñas, broches con pedrería e colgantes longos de perlas, gargantillas a altura do pescozo, etc,. Prestábase tamén moita atención aos sombreiros de gran tamaño decorados con plumas e variados adornos.

    Aterrando de novo no presente agradeceríamos que coméntaras a túa opinión deste innovador estilo!

Ilustracións por Álvaro Yáñez, 2ºBachE

Texto por Nerea Carral, 2ºBachB

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar