POR QUE ANIBAL NON ATACOU ROMA?

03.12.2022

Ben, para entender quen é Aníbal debemos volver ás Guerras Púnicas. Estas guerras dataron do 264 a.C. ao 146 a.C. Comezaron debido á crecente rivalidade entre Roma e Cartago tras a anexión da Magna Grecia á, naquel momento, á República Romana.

Aníbal foi o primeiro fillo do gran capitán cartaxinés Amílcar Barca, que fora derrotado polos romanos durante a Primeira Guerra Púnica e foi nomeado, como o seu pai, xeneral do exército e gobernador de Hispania. O mozo de 26 anos propúxose rematar a tarefa que o seu pai deixara inconclusa, aniquilar Roma.

A república, que pactara non anexionar territorios ao sur do río Ebro, rompeu a súa promesa facéndose aliada do territorio de Sagunto para que esta última puidera defenderse dos púnicos. Aníbal, xa decidido a terminar co poder romano, decidiu por cerco a Sagunto, quen pediu axuda aos romanos. Así, no ano 218 a.C, comeza a segunda guerra púnica.

A chegada do xeneral cartaxinés ás portas da capital sembrou pánico na mesma. As murallas facía xa moito tempo que non enfrentaban unha ameaza semellante, e non aguantarían un asedio. As únicas lexións coas que Roma contaba estaban na penínsua ibérica, todo aquel que podería facer algún fronte, a semanas de distancia. Roma estaba perdida. Pero Aníbal non atacou. 


Aníbal de camino a Roma


Aínda victorioso, Aníbal non ataca a capital, pois necesita reforzar o seu exército. Consigue aliarse dalgún territorio do sur da península itálica, mais moitos deles deciden manterse fieis a Roma e outros tantos quedan á espectación do que fora a suceder. Decide pedir axuda a Cartago, pero a cidade non quere arriscarse a quedar tan débil coma o estivo a capital romana. Finalmente e sen perder ningunha batalla contra Roma, o cartaxinés decide darse por vencido e volver a Cartago a través do mar tras deambular pola península itálica durante 16 anos.

Roma tras todos estes sucesos decide por fin confrontar a Cartago no seu territorio e Aníbal cae derrotado polo xeneral romano Escipión, na cidade de Zama. Así poñen final á segunda guerra púnica, deixando atrás un tratado de paz que foi un duro golpe para a economía cartaxinesa.

Antón Regueira Doce, 2ºBac F

Aníbal de Cartago


Finalmente, Aníbal toma a decisión de dirixirse ao sur de Roma, pois necesitaba abastecerse e fortificarse antes de continuar coa guerra. 

Aproveitando a decisión do xeneral de Cartago, Roma reune un novo exército de 80.000 homes, o maior que nunca reunira. O verán do 216 a.C, o exército fai fronte ao cartaxinés en Cannas. Aníbal perdía en número, pero, contra todo pronóstico, salíu victorioso desta batalla, recordada coma unha das maiores estratexias militares de toda a historia. 


Escipión, el africano

© 2022 Blog de historias. Alumnos do IES Adormideras curso 21-22
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar